Responsábel da web minerva.gal Concello de Santiago de Compostela Praza do Obradoiro 1, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña) Tfno: 981543060 Correo: axencialocaldecolocacion@santiagodecompostela.gal
Xeral Os usuarios e usuarias da web poden navegar sen necesidade de revelar a súa identidade. Soamente para poder acceder aos servizos que dispoñan de xestión ou trámite específico haberán de introducir os datos persoais imprescindibles para a prestación do servizo solicitado. O Concello de Santiago de Compostela resérvase a facultade de realizar actualizacións e modificacións sobre a información contida no Portal en calquera momento e sen previo aviso.
Responsabilidade O Concello exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo. O contido do presente sitio web emítese a efectos meramente informativos. O Concello non pode garantir que a información publicada no Portal estea libre de erros ou que se contido estea actualizado. Tampouco se pode garantir que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida en todo momento, debido á posibilidade de que aparezan problemas técnicos na rede, nos prestadores de servizo de telecomunicacións, etc. O Concello de Santiago non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.
Propiedade intelectual e industrial Todos os contidos deste Portal, marcas, deseños, logos, material sonoro audiovisual, fotográfico ou calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do presente sitio web son propiedade do Concello ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no mesmo e que figuran como autores ou titulares dos dereitos. O Concello de Santiago non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter a web. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores/as e propietarios/as e, a petición de calquera deles/as, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.
Protección de datos O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantías dos dereitos dixitais, e no resto da normativa de aplicación.