Que é MINERVA?

Impulsa o teu futuro profesional en Santiago de Compostela

MINERVA é un proxecto de formación para o emprego impulsado polo Concello de Santiago de Compostela, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus. Nace co propósito de mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego, combinando formación, orientación e prácticas profesionais.

O proxecto promove unha aprendizaxe práctica e adaptada ás demandas actuais das empresas, cunha especial aposta polo sector dixital e tecnolóxico, sen esquecer ámbitos tradicionais como a hostalaría, o comercio, a construción, a xardinaría ou os coidados. En total, desenvolveranse 60 itinerarios formativos, que sumarán máis de 13.000 horas de formación e chegarán a 960 participantes.

Ademais, o proxecto terá 3 xornadas de activación e información para o emprego e 3 accións específicas complementarias.

Os obxectivos principais do proxecto MINERVA son

Mellorar a formación e as competencias profesionais das persoas participantes.

Favorecer a inserción laboral.

Promover a igualdade de xénero, reducindo as fendas que afectan ás mulleres no mercado laboral.

Contribuír á inclusión da poboación inmigrante e doutros colectivos en situación de vulnerabilidade.

Reforzar a cooperación entre administracións, empresas e entidades sociais para unha cidade máis xusta e inclusiva.

As principais persoas destinatarias son

Metodoloxía e enfoque

MINERVA aposta por unha metodoloxía práctica, participativa e personalizada, baseada en itinerarios de inserción que combinan: